Pedro Feijoo é un dos escritores contemporáneos máis lidos en lingua galega. Tamén ten unha prolífica carreira na música e incluso traballou como guía turístico polo Vigo vello, a súa cidade natal. Onte estivo nas instalacións de FARO para protagonizar un encontro con subsritores. Os asistentes acudiron moi interesados en coñecer as reviravoltas que fai Feijoo á hora de escribir os seus libros: que rutinas segue, canto tempo tarda, en que idioma pensa... O autor atendeu a todas as cuestións con gusto porque, dixo, «non me canso de dialogar cos lectores, é un agasallo».