Máis aló de Fillas de Cassandra, o dúo de música galega do momento, as viguesas María Soa e Sara Faro ven como as súas vidan mudan ao compás dunha industria frenética, na que cada vez teñen máis oportunidades pero menos tempo para adicar aos seus. Estas dúas rapazas que soñaban con subirse a un escenario, xa percorren mundo coa súa proposta, cun equipo ao seu cargo, e o sen renunciar ao idioma propio.

As cantantes participaron este mércores nun encontro exclusivo para subscritores de FARO DE VIGO, onde ademais de falar da súa traxectoria do xeito máis personal, entonaron Tataraboa a capela para os presentes. Desta forma cerrábase un círculo: María Soa recordou como o seu pai enmarcou a primeira entrevista que lle fixeron neste diario que, recorda, “sempre estaba presente na miña casa”.