Vigo viviu o día das Letras Galegas polos seus catro costados. Dende o Casco Vello, a Bouzas pasando polo barrio do Calvario, Lavadores ou Matamá, os vigueses rendiron homenaxe a lingua que lles da nome con música, arte, tradición e poesía. En especial, compre por en valor os actos relacionados coa música xa que este ano son as cantareiras, mulleres do rural que improvisaban letras inmemoriais ao ritmo das súas pandeiretas, as que teñen a honra de erguerse como protagonistas do día grande da nosa lingua.