«Eu son alegre, xenerosa e... festeira!». «Eu son alegre, bondadosa e humilde». Saltando dunha mesa a outra, escollendo trazos do seu carácter e iniciando a frase coa fórmula definitoria «eu son», cada alumna procede a desvelar ao resto de compañeiras de aula aspectos da súa personalidade. Ao mesmo tempo, resolven dúbidas, pois cando xorde que unha das asistentes quere indicar que é «amistosa», o mestre escribe con rotulador no taboleiro branco que, en galego, a forma máis recomendable non sería tanto «amistosa», senón que o mellor sería referirse como «amigable».