
Pedro Fernández
O rural reescríbese nos «Diálogos con FARO»
A remuda xeracional é unha das cuestións estratéxicas no presente do rural galego. Tamén, unha peza clave que marcará o taboleiro futuro. A necesidade de atraer xente nova aos sectores produtivos agrarios, forestais, hortícolas e vitivinícolas convive cun diagnóstico crecente e compartido: existe demanda, hai emprego e o campo galego ofrece oportunidades reais de vida, innovación e rendibilidade. Nesa lectura coincidiron a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e profesionais de distintos ámbitos produtivos, que participaron na mesa de «Diálogos con FARO», moderada pola subdirectora do diario, Irene Bascoy. Más de unha hora de conversa na que xurdiron as claves para comprender o momento que vive o agro galego.



