O espazo expositivo da Fundación Laxeiro presenta unha mostra de Miguel Mosquera (Ourense, 1953), un artista que se achega no seu traballo á catástrofe dos incendios forestais -en concreto os que asolaron o sur de Galicia en outubro de 2017- como medio preferente para as súas pescudas a respecto da condición humana e do contexto material e vital da nosa contemporaneidade.
