
Imagen: Javier Lalín (Bernabé) / Edición: Eli Regueira
As Nosas Músicas de Couso
A parroquia estradense de Couso viviu unha nova edición de As Nosas Músicas, unha xornada adicada á música e á cultura tradicional galega que combinou ao longo do día divulgación, artesanía e festa, para rematar pola noite con música e baile. A programación arrancou pola mañá coa IV Mostra de Artesanía ANM e coa mesa redonda «A requinta da Ulla: pasado, presente e futuro», presentada por Pilar García Rego. O encontro permitiu achegarse á historia e evolución dun dos instrumentos máis singulares da música tradicional da comarca, así como ao traballo desenvolvido para a súa recuperación e aos retos que afronta a súa continuidade. A música tomou despois as rúas de Couso coa sesión vermú, protagonizada polos vellos requinteiros, A Requinta de Lampai e os cabezudos de Couso, nun ambiente festivo que serviu de antesala para o resto da xornada. Más información



