Instagram vén de cumplir o seu noveno aniversario, unha data que chega nun dos mellores momentos da aplicación. Con centos de millón de usuarios, a rede social goza dunha saúde extraordinaria que a fai sobresaír sobre as súas compañeiras.

Aínda que a esencia da aplicación segue a ser moi semellante a daquela que xurdía aló polo 2010, teñen sido moitos os cambios que leva incorporado, boa parte deles respondendo a petición dos propios usuarios.

De poder compartir só fotos cun formato cadrado ou non dar a opción de editas os textos que acompañan as imaxes, a incluir os famosos "stories", filtros, -algúns deles con moito orgullo galego-, directos ou, máis recentemente, a opción de Instagram TV.

Con motivo do 9 aniversario, os usuarios galegofalantes de Instagram retomaron unha vella petición, non exclusiva para esta aplicación: que conte cunha versión en galego.

No caso de Instagram, os cambios deberían aplicarse as opción de menú, xa que os textos que se acompañan as imaxes ou os vídeos corren a cargo de cada usuario que pode empregar xa o idioma que escolla.