«O estrés xogounos unha mala pasada», recoñece o grupo vigués Acordeireta ante o seu novo disco
Estiveron traballando no novo álbum cinco anos de traballo e fixeron un parón para resetear

Patricia González e Alejandro Balbuena son Acordeireta. | YANKA SOTO

Dende Saiáns, Vigo, os músicos Patricia González e Alejandro Balbuena (Acordeireta) volven poñer novo disco no mercado, «Baixo os remendos. Nós». Co título, fan alusión «ás cicatrices que vamos deixando na vida; son remendos. Nós imos remendando a nosa vida e a dos demais», sinala a banda.
O disco chega cinco anos despois do primeiro. «Un ano non estivemos activos. Houno un momento no que o estrés xogounos unha mala pasada. Estivemos con moito agobio e tivemos que parar. Xa tiñamos o disco grabalo e despois retomamos. Nós cremos que as cousas hai que saborealas pero todo vai moi rápido, un single, outro, outro... Como din meus pais, debemos ir ao son do corpo segundo o que che apeteza para disfrutalo. Se fas caso a este mundo sen sentido, se fas as cousas porque si, deixas de disfrutar a arte e acabas petando», reflexiona Patricia González.
En canto ao contido do disco, sinala que «seguimos un pouco a liña do primeiro pero fixándonos en problemas de hoxe en día. Por exemplo, cantámoslle á soidade tomando un poema de Luz Fandiño que musicamos».
Tamén prestáronlle melodía a textos de Rosalía, Xela Arias e aos poetas labregos Paco Ledo e Alberto Calvín. «É xente maior, de máis de 70 anos. Eles fan poesía e gústalles que lle chamen poetas labregos. A Alberto Calvín xa lle musicaramos poemas no primeiro disco. El está sementando unhas patacas e construíndo versos ao mesmo tempo. Vas visitalo a Taramundi e ata parece que che fala en verso. Paco Ledo vive en Chantada e eu un día comenteille que eu era costureira e que as cantigas populares galegas tratan moi mal ás costureiras. El fíxome un poema e séntese poeta labrego», engadiu Patricia González.
«Coas manifas non chega»
O disco tamén ten temas na defensa da loita pola igualdade da muller. «No que levamos de ano xa levan asasinado a moitas mulleres. Vou ás protestas pero con ir ás manifas non chega para que deixen de matar mulleres. A reivindicación ten que estar presente no día a día», reflexiona a voz de Acordeireta.
Neste novo discodo grupo viguiés, tamén renden tributo aos gaiteiros Desiderio e Modesto de Murias así como ao acordeonista Pazos de Merexo.
- Un furancho de Redondela, multado con 45.000 euros por no dar de alta a sus trabajadores
- La historia de superación de Sandra y Antonio, de dormir en la calle a abrir un comercio de barrio en Ourense: «La primera noche dormimos en un parque»
- Vigo recibirá a los reyes Felipe y Letizia a finales de mayo por el Día de las Fuerzas Armadas, con seis jornadas de celebración
- Casi 20.000 hectáreas de Pontevedra y seis concellos más, declaradas para la caza libre
- El Paseo de Alfonso acoge el sábado la tercera edición de «A nosa memoria», un homenaje a Rubén Berto Covelo
- Condenan a una mujer por violencia doméstica contra su marido en Cangas
- Clases a funcionarios de la Xunta para gestionar el estrés y aprender a usar la IA
- Muere Carlos López, jefe de Ginecología del Chuvi y descendiente de Ramón y Cajal