Vigo vólcase con Palestina
A cidade acolle un acto cívico esta mañá e un obradoiro de encuadernación con fondos para o poeta palestino Nasser Rabah | Concerto benéfico con Rebeliom e Dakidarría o día 12

Concerto benéfico de Rebeliom do Inframundo por Palestina.

Vigo non esquece que o pobo palestino continúa baixo a opresión e sufrimento por mor do xenocidio de Israel. Varios actos acolle a urbe.
A Plataforma Cívica de Vigo Pro Palestina organiza un acto cívico conmemorativo ás 12:00 horas na Praza Miguel Ángel Blanco (diante dos Xulgados de Vigo).
A organización sinala que no acto lerán un manifesto sobre a situación na Franxa de Gaza e Cisxordania, e intervirán persoas do ámbito xurídico e literario.
Por outra parte a tenda En caja y papel, na zona de Peritos —número 2 de Jaime Balmes—organiza hoxe dous obradoiros de encuadernación. Se realizará o traballo sobre o libro de poemas «Un sexto dedo en cada man», cos versos do poeta palestino Nasser Rabah, traducidos por Emma Pedreira.
A tarefa consistirá en ilustrar e preparar unhas tapas de cartón para as capas do volume. Cada persoa poderá levar o libro para a casa. Só ten que pagar 12 euros.
Os cartos recibidos serán facilitados a Rabah, que mora nun campo de refuxiados en Palestina. Hai dúas quendas: de 10.00 a 11.30 horas e de 16.00 a 18.00 horas.
Ademais o grupo Diseñatas da Fundación Igualarte ofrece unha asistencia virtual para a xente que non poida acudir.
Por último, hai que lembrar o concerto solidario na Sala MasterClub o 12 ás 21.00 horas con Rebeliom do Inframundo, Dakidarría e Falperrys en acústico e Nadie González. As entradas, a doce euros. Os beneficios serán para Pallasos en Rebeldía, Hope Palestina e Médicos sin Fronteras.
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- La copaternidad llega a Galicia: desconocidos que se hacen amigos para tener un hijo
- El juez ordena cerrar un piso turístico en Vigo por estar «prohibido» en los estatutos
- El Hotel Bahía logra el «OK» para su reforma: más de 5,4 millones de euros
- El ourensano Diego Fuentes, futuro 'copadre': «Pensé que no tenía por qué ser peor que otro sistema porque al final se trata de conocer a alguien con quien establezcas una afinidad»
- Davila 05/12/2025