"Encántame moito esta cidade. Pero moito. Séntese coma na casa", o pianista James Rhodes cando aínda estaba a piques de engadir un novo episodio á súa historia de amor con Galicia.

Hai anos que agarima a nosa terra coa tenrura e intensidade dun amante. Os galegos entenderon que a entrega do músico só podía traducirse cunha palabra: sentimento.

"Volando voy", continuaba a escribir no seu mosaico de Instagram a súa crónica de vello namorado:

Os froitos desa relación latexaron na praza coruñesa de María Pita na noite do 19 de agosto, e tomaron a forma dunha xornada única na que o artista agasallou aos cidadáns cun anaco no que non houbo crise nin pandemia capaz de superar a pegada da arte.

«Boas noites, A Coruña, síntome coma na casa», confesou o pianista, antes de aloumiñar as teclas do seu instrumento ante maxestuosa escultura de pedra da heroína galega. O músico interpretou un sentido preludio de Bach co que cautivou aos asistentes, cunha emoción que alimetou logo cunha peza de Beethoven, compositor ao que describiu como "el puto amo".

Rhodes soubo transmitir a súa melomanía ao público acompañando os temas con historias e anécdotas dos grandes músicos do pasado, e imprimiu desta forma nos sons os rasgos do carácter dos grandes mestres.

A sensibilidade do artista convérteo nun activista perenne, incapaz de renunciar nin por un intre ao seu compromiso coa sociedade. Por iso non perdeu a oportunidade de lembrar a Samuel Luiz, asasinado na Coruña dunha malleira.

"Me resulta imposible estar en A Coruña y no pensar en Samuel todo el tiempo. Proyecta una larga sombra sobre una hermosa ciudad. El mundo se reduce sin él", redactou na súa conta de Instagram.

As últimas pegadas do romance de James Rhodes con Galicia en Instagram

O mestre convertiu as súas redes sociais nun canto de amor á comunidade autónoma e á súa cultura, amosando o seu entusiasmo por visitar A Coruña dende ás vésperas e en perfecto galego: "En 36 horas estarei na miña querida Galicia. Actuando aquí na Coruña o xoves pola noite. E cun tempo razoable"

Ademais de aprender a lingua galega, na que se expresa coa solvencia dun paisano tal e como amosa noutra publicación na que exclama "¡Mi madriña!", abraiado coa beleza da maxestuosa fachada da Casa do Concello coruñés:

James Rhodes tamén goza da gastronomía e enche a súa cociña con produtos do país, ademais de afinar unha exquisita destreza no momento de montar pratos coas receitas enxebres e representativas da nosa terra.

Te puede interesar:

"Aínda me engaiola máis Galicia. Que fermosa noite. Grazas a todos por vir. Xente de pé na parte traseira! E agora recompensareime con pulpo. Thank you A Coruña ♥️", concluía o músico, que coa súa particular maneira de valorar a terra é capaz de entender o significado da palabra morriña.