Ramón Castro era a finais dos anos 20 do pasado século párroco de Vilar de Ortelle en Pantón (Lugo). Alí decidiu pór por escrito as lendas desta zona da Ribeira Sacra no libro "Reseña histórico-descritiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca", prestando atención ás xacias e xacios, seres mitolóxicos co tronco e cabeza de humano mais cola de peixe.

No seu disco "Canto das xacias", Dequenvenssendo adapta a lenda dun home e unha xacia que namoran e acaban casando cristianizándose ela. Da súa unión, naceron tres fillos e a mediana levaba o nome de Sabel a quen a banda adica dúas das doce cancións do disco: "Sabel" e "Lamento de Sabel".

A través da lenda, o disco leva ó público polos sons dun vals, dunha muiñeira, de ritmos máis "cañeiros" como sinala o voceiro da banda, Bieito Romero, pero tamén doutros calmados.

A banda coruñesa tocou días atrás no TeatroRosalía da cidade herculina e o 21 de outubro farao no Salón Teatro de Santiago con entradas á venda na taquilla de Abanca.