O equipo de "Embarcados", o programa da TVG adicado a navegar e amosa-lo traballo nos barcos de pesca galegos, ensina hoxe na canle autonómica a partir das 10.55 horas as aventuras do Alba Mar.

Trátase dunha vaca, buque que traballa na arte do arrastre. A embarcación leva activa dende o 2001. Ten 32 metros de eslora e 6 metros de manga, cunha potencia no seu motor de 500 cabalos de forza.

Traballa durante toda a semana, de luns a venres, vindo só a terra a descargar o peixe no porto da Coruña inda que o porto base está en Muros.

No programa de hoxe vai amosar como larga a rede nos límites do mar de María Antonia, a medio navegar entre as Illas Sisargas e cabo Prior.

A súa tripulación está composta por oito homes, dos que hoxe imos coñecer ao primeiro patrón ou patrón de pesca Moncho Tojeiro, home de mar que se forxou nas augas do Gran Sol. Para el, a tripulación do Alba Mar é unha das mellores tripulacións coas que navegou.

O segundo patrón ou patrón de costa Sé antiago Rañales, un home novo cunha enorme pericia no seulabor. É un gran defensor do mar, que recalca a necesidade de coidalo porque é o futuro para o sector da pesca pero tamén para a humanidade.

Por iso, o plantel participa nun plan de recollida e reciclaxe de plásticos que se desenvolve no porto da Coruña. Consiste en recoller tódolos plásticos que veñen na rede para levalos a porto.

O segundo de máquinas é Joaquín Fernández, un rapaz novo que transmite un enorme entusiasmo no seu traballo. É de Muros e para el o traballo no mar supón calidade de vida.

Con el, "Embarcados" baixa á máquina do Alba Mar para ensinar as diferentes partes e funcións de cada peza e dos motores do barco.

O contramaestre Willi Vargas procede de Perú. Alí, traballou en barcos cerqueiros. Desta vez, fala dos risco que ten a pesca de arrastre para os mariñeiros, pero considera que de todos modos se o mariñeiro está atento ao seu traballo non ten porquehaber accidentes.

O programa tamén fala co mariñeiro de Guinea Bissau Alfonso Sambu, un home de mar que que aprendeu o oficio na flota pesqueira de Portugal. Alfonso leva xa quince anos en Galicia, e xa ten fillos galegos. Di que lle gusta moito o traballo do mar, porque foi sempre o seu oficio.

Enpezou en Guinea Bissau pero enrolado en barcos de bandeira portuguesa. E faenando na costa de Portugal conxuntamente con outros compañeiros decidiu vir a Galicia porque sabían que aquí se pagaba mellor.