Dicir Cangas do Morrazo é nomear unhas das vilas de maior tradición mariñeira de Galicia que se remonta moitos séculos atrás. Hoxe seguen a tradición 236 mariñeiros e oito mariscadores.

Un dos mariñeiros é Carlos García que vai levarnos a largar as nasas das nécoras. Traballa sempre dentro da ría de Vigo, nesta ocasión fronte á praia de Rodeira. É un entusiasta do seu oficio e con el imos ver como os naseiro desenvolven un trabalo perigoso porque a nécora cría xunto das rochas e isto fai que teñan que largar as nasas en zona de perigo para as embarcacións.

Lidia García, e a irmá de Carlos, e ten un porto na praza de abastos de Cangas, un dos edificios máis relevantes, arquitectonicamente, da península do Morrazo. Lidia, ten esa característica alegría que sempre amosan as peixeiras. Imos estar con ela mentres atende aos clientes que veñen a praza ao tempo que nos vai ir contando a súa vida de peixeira.

A tradición mariñeira desta ribeira de salitre chegou a mares como o Gran Sol e Terranova onde algúns mariñeiros levaron as gaitas e así naceron “Os gaiteiros do mar”. Trátase dun grupo de música tradicional formado por mariñeiros xa retirados, pero que no seu tempo no mar non esquecían a súa afección a música en no pouco tempo de lecer tocaban os seus instrumentos nos barcos. Todos eles son da parroquia cangesa do Hío, e imos ir con eles ata Cabo Home, onde tocarán varias pezas.

E un lugar tan mariñeiro ten que ser tamén un lugar de boas tabernas, na súa Pili Nuñez, “A taberna do Jefe” vai darnos de comer ovas de pescada. Ensinaranos como se prepara este prato tan mariñeiro e contaranos a historia da taberna, que leva aberta preto de cincuenta anos.

Despois sairemos ao mar con Colón, navalleiro e fotografo. Un home moi singular que divide a súa vida entre as súas dúas paixóns a fotografía e o oficio de mariñeiro collendo navallas. Profesional de ambos oficios, imos saír con el a fotografar aves mariñas na ría de Vigo.

E cun percebeiro de Cangas o mellor que se pode facer é dar conta dun puñado de percebes de Cíes. O percebeiro é Julio Rajó, que coñecen ben todas as rochas percebeiras das Illas Cíes, onde lava traballando moitos anos, e agora atópase xa preto da xubilación.

E indo a Cangas non se pode deixar de falar coas redeiras. Estaremos na nave de redes onde veremos como traballan. Sentaremos ao lado da presidenta deste colectivo Beti Molanes, para ver como ata unha rede e escoitar como nós fala do seu oficio. Un oficio do que as redeiras de Cangas están moi orgullosas.

O equipo

Produtor executivo, director e guionista: X. H. Rivadulla Corcón.

Xefa de produción: Noelia López.

Realizadora: Sika Lamas.

Redactoras: Alba Sotelo e Noel Queipo.

Director de fotografía e cámara: Jaime Fernández.

Cámara: Diego Beltrán.

Axudante de produción: Sara Allú.

Edición e posprodución: Oscar Galansky.

Posprodución de audio: David Ramos.

Cabeceira e grafismos: Yago Torres.

Produción encargada por TVG a Producións Celta. Con duración de 30 minutos e emisión semanal, que está dirixida e presentada por X. H. Rivadulla Corcón

EMISIÓN DO PROGRAMA NÚMERO 02:

Televisión de Galicia. Domingo 20 de marzo, ás 15:30 h.

SINOPSE:

Título do capítulo:

PORTO DE CANGAS