Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tino Baz

Hai unha chea de anos paseaba este cronista, nunha noite verán, partes pouco frecuentadas do vello Vigo. Á altura do que fora taller de folla de lata e de fontanería de Botatronos, un moao deume o alto cortesmente para preguntarme se eu sabía onde estaba unha tarberna musical de nome A gaita Grileira. Só coñecía o lugar de referencias, mais indiqueille o sitio de modo aproximado. Quen me preguntaba era Tino Baz, ao que coñecín naquela ocasión.

Pasaron os anos, e Tino foi medrando en sabedoría e en arte. E converteuse nunha presenza imprescindíbel en actos, congresos, convivios, de carácter histórico-cultural. Os seus concertos son sempre convividos con públicos entregues. Hoxe Tino Baz envíanos un prezado regalo. Trátase dunha valente, intensa, vívida e orixinal interpretación de versos de Rosalía de Castro. O disco leva como título Si cantan, es ti que cantas. Este encontro feliz da nosa poeta maior coa música e a voz de Tino Paz está destinado a ter unha longa vida. "No trisquel da memoria, da esperanza, da beleza: Rosalía sempre". Así, con estas palabras, nos fai destinatarios do disco Tino Baz.

Compartir el artículo

stats