Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Paisaxe romántica

A mostra inclúe, tamén, series dedicadas á paisaxe onde os ecos románticos -co sublime como fermento creativo- adquiren un sentido dramático. Neste senso, Vilariño proponse un afondando nun aspecto especialmente relevante da tradición da relación entre a imaxe, a palabra poética e mesmo a música, tema que podemos retrexar mesmo no mundo clásico, que xa Plinio o Vello manifestaba na arela de "pintar o trono", nunha vontade de superación das fronteiras entre as artes que ten moito de espírito romántico, de poética do sublime, outro atrevemento nun mundo como o actual onde algúns deste conceptos poderían se entendidos nun sentido puramente historicista ou superado, mais que o noso artista utiliza con plena consciencia para dar sentido á obra.

Compartir el artículo

stats