Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Discurso sorpresa

Con intelixente humor

Discurso sorpresa

En Era dúas veces o barón Lamberto, como adoita suceder nas obras de Gianni Rodari, a palabra é sinónimo de imaxinación. O referente convértese para o lector nun xogo de asociacións disparatadas moi substancioso porque apunta directamente aos sentidos, ao desexo e á fantasía, nunha sorte de carrusel que xirando e xirando vai amosando unha face diferente do relato mesmo se a imaxe é a mesma.

A concepción narrativa é clasica: situación espacial no lago de Orta, na illa de San Giulio e no pazo do barón Lamberto; presentación do protagonista e dos personaxes que o rodean, a cada cal máis particular; denvolvemento da trama que incorpora elementos extravagantes que se escapan á lóxica natural e desenlace dos acontecementos que abre a posibilidade de que o receptor implemente a historia.

O atractivo vén da man do discurso sorpresa, dos cambios de rumbo que adoita o relato, da complicidade que se establece co lector, do trasfondo rebelde que amosa ao introducir pingas reivindicativas como o desexo de apoderarse dos bens do outro, os pisoteados dereitos laborais, aquí desbaratados, ou o sensacionalismo informativo e todo peneirado cun humor intelixente, con aderezos surrealistas e con concesións á literatura do absurdo como o patrón de respostas ante determinadas situacións que fan que a lectura discorra polas vías da atención continua.

Tamén as ilustracións de Javier Zabala acompañan o ton enxeñoso e gracioso do texto ao introducir o trazo aparentemente descoidado e despeiteado nunha narración cargada de fantasía que alude á realidade.

RODARI, Gianni, Era dús veces o Barón Lamberto (ils. J. Zabala), Kalandraka, Pontevedra, 2020, PVP. 14, 25 ?

Compartir el artículo

stats