Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A vida como viaxe

Propostas múltiples

A vida como viaxe

Iván García Campos (A Coruña, 1974), gañador no 2008 do Pedrón de Ouro e no 2010 do Blanco Amor, vén agora publicar, da man de Galaxia, a novela O viaxeiro perfecto. Non se trata dunha novela de desenvolvemento lineal da acción na que o lector pase o tempo sobre a trama entretido e tensionado na lectura ata a fin. Neste caso trátase, ademáis, de ir, aos poucos, de provocar no lector diversas reflexións ou ben de expoñelas directamente. Deste xeito, o libro fica en nós, ou vai fincado en nós, por máis tempo do puramente de lectura, deixando un pouso de ida e volta ou interrelación que por veces se prolonga por tempo considerable, como a viaxe dos protagonistas, Mario (o conductor de ambulancias) e Raimundo (un ancián con pouco tempo de vida). Ambos deciden botarse á estrada e viaxar ata París, como perseguindo o obxectivo de chegar á Cidade da Luz, e chegar á Luz mesma, a través de diálogos e silencios, e reflexións e cuostionamentos. A sinxeleza da trama vai acompañada ou corre paralela á sinxeleza da escrita, simple tanto na sintaxe coma na lingua, deixando a complexidade para aquilo que ao autor lle importa, como sinalamos antes, as reflexións e as teimas suxeridas. Mesmo a descrición, que por veces se deixa ver como unha potencialidade que non se explota, é propositadamente así, tamén para deixar no centro o raciocinio e o pensamento. Posiblemente o autor, nunha próxima entrega, desvíe o esforzo ou o traballo cara a estes aspectos que agora sinalamos como máis abandonados.

A vida como viaxe e o viaxeiro perfecto como aquel que nunca chega ao destino, e por iso mesmo una novela sen remate conclusivo, que cómpre ler e viaxar a través das moitas propostas que nela vos agardan.

GARCÍA CAMPOS, I., O viaxeiro perfecto, Galaxia, Vigo, 2020, PVP. 14, 72 ?

Compartir el artículo

stats