Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Intenso e poético

Engaiolante narrativa

Intenso e poético

Aki Shimazaki é unha profesora xaponesa que vive no Canadá e publica novelas en francés. Autora de éxito, aparece agora en galego cunha novela breve, Hôzuki, contada en primeira persoa por unha libreira que as fins de semana traballa de prostituta e que se le dunha sentada. Mitsuko, a protagonista, vive cunha nai ex-presidiaria e católica, e con Târo, un fillo intelixente, mestizo e xordomudo. Unha tarde, mentres coloca libros de ocasión no escaparate, entra na tenda unha muller elegante na compaña dunha filla, que de contado establecerá un contacto moi afectuoso con Târo, o que provoca unha relación entre as dúas familias, algo que de entrada non é moi do gusto da libreira.

A novela avanza con prosa sinxela para ir desvelando segredos do pasado, mentiras e situacións que nos sitúan diante de fortes dilemas morais: aborto, actitude cara á relixión, os dereitos derivados da xenética fronte á adopción coma entrega amorosa... Os personaxes viven nunha atmosfera poética e dramática e o tempo irá tecendo unha rede de relacións entre eles nas que o azar semella menos importante que o peso dun pasado, que ten unha enorme influencia sobre o presente. Toda unha cadea de acontecementos une a Mitsuko con Tarô, muller dunha posición social moi distinta, que vai comprar libros de Filosofía á librería, e tamén a Târo con Hanako, filla de Mitsuko.

Relato emotivo, construído con frases curtas, Hôzuki, que forma parte dunha pentaloxía, resulta engaiolante coas súas situacións extremas e os silencios significativos que nos revelan un enigma transcendental.

SHIMAZAKI, Aki, Hôzuki, Rinoceronte, Cangas, 2019, PVP. 15, 20 ?

Compartir el artículo

stats