Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ironía e política

Contra os populismos

Ironía e política

Michela Murgia vén de publicar Instrucións para converterse en fascista, un manual irónico no que fai unha magnífica análise do populismo en Italia e Europa. A autora explica que as democracias parlamentarias son complexas, mentres que o fascismo deliña os problemas con simplicidade. Para conquistar o poder debe servirse do dereito á discrepancia da democracia, manipular os seus instrumentos, empezando pola linguaxe, xa que controlar a palabra é controlar os comportamentos. Cambiar o concepto de líder polo de xefe, velaí a primeira recomendación. O xefe non negocia, hai que obedecelo. Para axilizar a vida política cómpre esquecer as minorías, denigrar o parlamentarismo, potenciar a concentración de votos, anular as autonomías e os espazos de participación.

Como hoxe non se pode calar totalmente a voz dos disidentes, cómpre servirse das redes sociais, borrar todo principio de autoridade nas opinións para que os cidadáns non poidan distinguir o verdadeiro do falso e que o xefe se poida dirixir a eles cun estilo desenfadado e mensaxes breves.

O novo fascismo procura exaltar as calidades do pobo e reescribir a memoria colectiva. Para el son un cancro os inmigrantes, os boístas e moi especialmente o movemento LGTBI. Pretende aniquilar o feminismo, devolver as mulleres ao fogar para que se ocupen da maternidade e que os homosexuais se agachen. Animalizar o inimigo, atribuírlle culpas, imputalo baixo unha denominación xenérica e apartalo do escenario social, facer que o pobo se vexa ameazado para que sinta a necesidade do xefe protector son consignas encamiñadas a unha situación drástica.

MURGIA, Michela, Instrucións para converterse en fascista, (trad. M. Barcia), Rinoceronte, Cangas, 2019,PVP. 15 ?

Compartir el artículo

stats