Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tempo de posverdade

Só a critica pode salvarnos

Posverdade e fake news na procura dos exércitos de metáforas que nos representan. iLUSTrACIÓN: Gar

Só a patoloxía xutifica a ausencia de non querermos confirmar os nosos xuizos sobre algo. É unha persecución incansábel e silenciosa do pensamento, necesaria para reafirmar a nosa identidade ou, máis ben, para sentirnos seguros. Desexamos ter razón, e este desexo dirixe a nosa particular e distorsionada observación. A posverdade é a normalización desta subxectividade, necesaria para a nosa conciencia, e as f ake news unha parte importante da súa consolidación. As únicas novidades que aportan as fake news están na popularización do nome e no marco difusor que ofrecen as novas tecnoloxías. Cremos nelas porque as necesitamos. Necesitamos a verdade absoluta ou verdades que aporten seguridade? Pode que non exista maior verdade que a hora e o día exacto da propia morte, atreveríame a afirmar que un bo número de xente non desexa a verdade.

Esa necesidade de perseguir os aspectos da realidade que atopan concordancia coas nosas ideas son froito non só dunha realidade cultural senón do propio devir da nosa natureza psicolóxica. Hoxe máis que nunca sabemos a través da ciencia que cultura e bioloxía non poden desentenderse e son independentes das nosas valoracións éticas ou do que consideramos oportuno. Estes movementos vitais teñen a súa propia dimensión e escapan ao poder da nosa decisións para dirimilas. Buscar na realidade a confirmación do que necesitamos ten unha dimensión subxectiva que non participa das antigas consideracións sobre unha visión absoluta que atopa a súa oportunidade de expansión na realidade "líquida posmoderna". A observación desta alianza pon de manifesto que hoxe todo é natureza, e así como os límites desaparecen nesta construción tamén desaparecen dos relatos. Todo pode ser doutra forma, calquera observación da existencia pode ter validez sempre que sexa compartida e resulte efectiva. Hai unha dimensión psicolóxica e física que ten un desenvolvemento incontrolable. A posverdade responde a esta evolución da nosa calidade e ten un sentido no desenvolvemento desta presenza que chamamos conciencia e que nos achega ao feito diferenciador de hoxe, dalgún xeito somos conciencia emerxente.

A frecuente consideración de que a posverdade é a forma de chamar ás mentiras non é máis que outra desviación porque tal vez hai que cuestionar que o que chamamos mentira non é o contrario a verdade; de feito, quen mente sabe a verdade e por iso mente. Hoxe somos concientes desta calidade da verdade. A postverdade resulta máis produtiva presentándose como a verdade que desenmascara a ilusión do absoluto. Pode que a diferencia radique non nas calidades da verdade senón na consciencia desta subxectividade e o lugar onde hai que colocala que no é fóra do tempo senón na condtrución da linguaxe, pero non só como reprodutora de sentidos senón como produtora dos mesmos, Por iso é oportuna a linguaxe inclusiva.

O discurso banalizador da postverdade, reproducida polos nostálxicos, ten unha perspectiva inxenua que se resiste a este marco pouco ríxido da realidade. Son os mesmos que teñen présa en adiantar o futuro e anunciar que a posmodernidade é cousa do pasado. É curioso porque se hai un principio construtor da posmodernidade, é aquel famoso "todo vale", que é parte constitutiva da postverdade.

A posverdade é a construción destes sentidos que se debate entre o ensimismamento narcisista, a posibilidade de que sempre todo pode ser doutro xeito: tal vez sexa este último unha calidade democratizadora da verdade. Esta perspectiva da nosa verdade actual non é menos perturbadora do que foi algunha vez pensar na igualdade intelectual entre homes e mulleres ou a posibilidade de emparellarse por amor.

Buscamos e construímos estes "exércitos de metáforas" que nos representan. Como a política que hoxe é máis representación que nunca; de feito esta representnación, ou tal vez teatralización, vai paralela á crise na arte. Só a crítica pode salvarnos pero non para buscar absolutos senón para dar cunha maior consciencia de momento. A postverdade únenos nesta desesperación.

Compartir el artículo

stats