Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Rosas plurais

Un espléndido volume

Rosas plurais

Magnífica idea a de publicar os galardoados nos premios de poesía Manuel Leiras Pulpeiro, organizado polo concello de Mondoñedo, desde o primeiro ano da convocatoria, 2012, até o último, 2018. Trátase dun volume espléndido pola calidade do seu deseño gráfico, do papel, das fotografías e, sobretodo, polos textos antologados. A empresa de editalos correu a cargo de Belén Bouzas Gorgal e Armando Requeixo. Parabéns.

Os autores premiados (vinte en total) mostran, aquí e acolá, a riqueza e pluralidade dunhas voces que prodigan profundas fermosuras líricas. Tamén resulta significativo mencionar que, todos eles e elas, pertencen a un variopinto arco xeracional, que vai desde Xurxo Alonso (Buenos Aires, 1956) até Gonzalo Hermo (Taragoña, Rianxo, 1987).

Se diferentes deveñen, entón, as idades dos diferentes autores antologados, igualmente diversas son as poéticas que sustentan o seu dicir. Atopamos poesía da experiencia, requinte sonetístico, versolibrismo existencial, invocacións teolóxicas, irreverencias dialectais, sarcasmo pintoresco, fulgores metafísicos, profundezas devastadoras, himnos á dor e á desventura, invocacións á república, partituras fotográficas, diálogos parateatrais? O dito, un vendaval de enxeño e de músicas distintas. Creación de Olalla Barro, Miriam Ferradáns, Antón Fortes, Modesto Fraga, Óscar García Ramos, Xosé Antonio Grela, Jacobo Llamas, Xurxo Martínez, Martiño Maseda, Alberte Momán, Paulino Peña, Carmen Pereiras, Elvira Ribeiro, Emilio Salgado, Ramón Sánchez, Ramón Sandoval, Lorena Souto e Eduard Velasco.

BOUZAS, Belén/REQUEIXO, Armando (eds.), Roseiras de rosas roxas, Xunta de Galicia, Santiago, 2019, S/P

Compartir el artículo

stats