Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Realidade e ficción

Do imaxinario colectivo

Realidade e ficción

Botar man da maxia para explicar fenómenos naturais ou acontecementos varios acompaña ao ser humano dende o inicio da súa existencia. Logo, aínda que o pensamento cinético foi substituíndo ao máxico, o home non se liberou das súas inclinacións a deixar que o emocional réxese o entendento, de modo que concedemos ao poder infinito das palabras a capacidade de marabillármonos co que nos rodea.

Pois ben, A grande epopea do pianista de Cans vén recrear unha desas lendas que explicaría por que no monte Castelo, tamén coñecido como Castelo de Miravel, se pode ver dende a autovía á súa saída de O Porriño en dirección Ourense a figura dun home sentado ante un gran piano e que Xosé A. Perozo atribúe a Pedro de Chamorro, fillo máis novo de Eulalia e Estevo, ela nacida no barrio dos Aloques e el na Pedreira, un barrio emprazado xusto debaixo do citado monte.

O rapaz que asimilaba o saber con gran facilidade axiña descobre a súa afección pola música e entre o seu afán por aprender, a perseverancia cos instrumentos e unha migalla de sorte fan que poida ver cumprido o seu soño de ser gran músico que, en virtude da maxia, permanece no outeuiro do Val da Louriña para que xeracións presentes e futuras poidan gozar e lembrar a súa presenza entre nós.

Na novela que vén de publicar Auga Editora con motivo da XVI edición do Festival de Cans auna Xosé Antonio Perozo realidade e ficción, verosimilitude e fantasía nunha sorte de explicación sobrenatural moi entretida que causará, desde logo, grande expectación entre veciños e tamén nas xentes alleas. Unha lenda, entón, que xa ten o seu oco senlleiro na crónica e memoria do imaxinario colectivo.

PEROZO, Xosé Antonio, A grande epopea do pianista de Cans, Auga Editora, Santiago de Compostela 2019, PVP. 11, 54 ?

Compartir el artículo

stats