Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Novela de personaxes

O mosaico dunha vida

Novela de personaxes

Poder codificar, almacenar e recuperar información do pasado, isto é, a memoria, é unha das funcións máis características do ser humano, por iso, ir esquecendo o que se sabe resulta, a miúdo, traumático porque se vai perdendo parte da identidade, parte da presenza no mundo real.

A través de Jan, un neno de dez anos que axiña cumprirá os once, coñecemos ese proceso doloroso que supón a perda da memoria e as implicacións emocionais -e tamén as doutro tipo- que teñen a ver con comportamentos e pensamentos que se sitúan do outro lado da barreira, alí onde as lembranzas se retrotraen decenas de anos ou quizais na fantasía de que un acontecemento teña lugar.

Pois ben, a modo de estampas, a catalá Tina Vallès, debulla momentos, lugares, tempos e persoas para que o lector acompañe á familia neste percorrido, ás veces, gratificante porque lembrar resulta moi gozoso; ás veces, triste porque perder é magoante e en calquera caso inexorable porque o paso do tempo non se detén máis ca na imaxinación.

E ante todo aí están as afeccións, neste caso en forma de árbores para constatar unha vida, verificar un coñecemento e, porque non, vigorizar unha presenza. Por iso, o avó Joan vaille contando ao seu neto retallos de vida que lle interesa perpetuar no tempo ou marcaron un fito na súa vida e que os pais e a avoa arroupan coa delicadeza que o amor materno filial impón.

É A memoria da árbore unha novela de personaxes, onde as escenas que se van sucedendo conforman o mosaico dunha vida na que a palabra, as palabras cobran un significado relevante.

VALLÈS, Tina, A memoria da árbore, Ed. Faktoría K, Pontevedra, 2019, PVP. 17 ?

Compartir el artículo

stats