Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Nas orixes do cristianismo

E Xesús foi creado Deus polos homes

Nas orixes do cristianismo

As relixións son unha invención humana e o cristianismo, concretamente, é o froito dun acto creador que tivo lugar despois da morte de Xesús de Nazaret, que non é o fundador de ningunha relixión, xa que el viviu e morreu como xudeu.

Efectivamente, ao longo das páxinas d' A invención dun Deus: Xesús de Nazaret II (Laiovento, 2019), da man do escritor Xulio López Valcárcel, descubrimos como durante os primeiros anos de difusión do cristianismo, inmediatamente despois da morte de Xesús no ano 30, as primeiras comunidades cristiás movéronse nunha 'indefinición de ideas, crenzas e sentimentos' que deron lugar non só á existencia de numerosas seitas, senón ao xurdimento de dúas faccións ben diferenciadas entre si: a dos hebraístas, xudeus da Terra Prometida e arameo-falantes que practicaban os ritos relixiosos tradicionais, representados fundamentalmente por Pedro e Santiago, o irmán de Xesús, polo que se caracterizaba por un maior inmobilismo e proximidade á tradición mosica; e a dos helenistas, xudeus da diáspora grego-falantes que apenas respectaban os ritos xudaicos e que tiñan en san Estevo a un primeiro mártir e en Paulo de Tarso, un home culto e abastado, o seu principal valedor, polo que se caracteriza por un maior internacionalismo e por estar máis aberta á integración doutras comunidades: xentís e grupos desprezados polos xudeus tradicionalistas, tales como as mulleres ou as persoas enfermas, escravas ou marxinadas? Velaí a necesidade, xa que logo, de celebrar un concilio para achegar posturas; nese primeiro concilio, que tivo lugar no ano 48 en Xerusalén, Paulo logrou impor as súas teses fronte a Santiago, polo que a partir dese momento comeza a difusión do cristianismo fóra dos límites do xudaísmo. Non obstante, para lograr ese novo obxectivo foi necesario transformar a Xesús, un artesán de Nazaret, en Deus, para o que foi necesario un proceso de abandono da fidelidade histórica á figura de Xesús e de universalización da súa mensaxe, unha actividade na que salienta Paulo de Tarso, quen para a estima de Xulio López Valcárcel, resulta ser o auténtico fundador do cristianismo.

Con todo, para culminar o proxecto iniciado por Paulo, foi necesario un proceso de construción dun ideario común no que xogou un papel fundamental a interpretación que Paulo fixo da vida, dos feitos e das ensinanzas de Xesús e que foi consagrado no concilio de Nicea, celebrado no ano 325, no que se fixaron os evanxeos 'verdadeiros' (Marcos, Mateo, Lucas e Xoán) e os demais textos sagrados da nova relixión.

LÓPEZ VALCÁRCEL, X., A invención dun Deus. Xesús de Nazaret, Ed. Laiovento, Santiago, 2019, PVP. 19, 90 ?

Compartir el artículo

stats