Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Valor, mestría e afouteza

Un paseo pola historia do fútbol galego

Algunhas das diversas pezas presentes na mostra Valor e mestría.Galicia como fútbol (C idade da Cultura, Santiago) // FOTOS: XOÁN ÁLVAREZ

Desde o pasado febreiro e deica o mes de setembro estase a expoñer no Gaiás a mostra Valor e mestría. Galicia como fútbol, un percorrido histórico polo deporte do balompé en Galicia, desde as súas orixes no último cuarto do século XIX até o día de hoxe. Unha mostra que fai as delicias de todo siareiro, que pode atopar un recunchiño de seu ao longo dos expositores que percorren a sala, sexa ou non simpatizante dun dos equipos grandes da nosa terra. Porque hai cabida na mostra, desde logo, para o Celta e o Deportivo pero tamén para o Pontevedra do "Hai que roelo!"; para o imbatido Ourense das trinta vitorias en trinta encontros; para un Rácing finalista de Copa en 1939; para o ascenso do Compos; para os nomes propios destacados; para os torneos estivais; para a construción dos novos estadios; para os trofeos, os que foron e os que non puideron ser, para as participacións na Champions League; para os seleccionadores ; para o Mundial do 82; para a Selección galega, a "Irmandiña"; para as retransmisións televisivas e radiofónicas; para o fútbol feminino,?Un total de máis de trescentas pezas orixinais que podemos contemplar e disfrutar ao longo do roteiro.

O balón comezou a rodar en Vigo da man dos traballadores ingleses da Eastern Telegraph Company, o que coñecemos como o Cable inglés, e xa en 1876 podemos ler nas páxinas de FARO DE VIGO: "Otra vez han vuelto a visitarnos los ingleses (?)Pescan, cazan, comen, fuman, pintan y juegan a la pelota según su uso y manera?," documento que se converte na primeira referencia escrita da chegada do fútbol á Península Ibérica. E a partir de aí?a expansión, triunfo e supremacía total do chamado "deporte rei."

Pero esta historia quedaría coxa sen ter en conta outra das patas do banco, imprescindible tamén, e que non debera faltar á hora de construir un relato deste tipo. Falamos desoutra que compoñen todas aquelas persoas que sofren e disfrutan, que rin e choran, que levan con orgullo e paixón as súas cores, as dos seus pais e dos seus avós, tatuadas a lume. Ese sentimento que dun tempo a esta parte vimos denominando por estes lares afouteza. Como dicía o Poeta, "Que manera de soñar, que manera de aprender, que manera de sufrir (?)que manera de subir y bajar de las nubes". É o actor-público, entón, quen dota de sentido os feitos do actor-xogador e que ve cumpridos, ou non, parte dos seus soños e ideais a través dos pases e caneos do segundo. É a comuñón que se establece nun estadio, ese eu colectivo que se conforma a través de cada gol ou mesmo a través de derrota sufrida en compañía. Porque as victorias fan grupo?pero as derrotas tamén. E ese ritual semanal que empapa a vida do siareiro e que, como dicía Durkheim ao estudar os rituais, se converte nun medio de reafirmación periódica do grupo social. Ese eu colectivo que traspasa as portas do recinto e chega moito máis lonxe, unindo nun mesmo sentir a persoas moi distantes non só xeograficamente senón tamén en idade, en opinións de todo tipo, en economía e posición social pero que vibran xuntas cando o árbitro pita o comezo do encontro e aínda moito tempo despois da conclusión deste. Ese eu colectivo que se constrúe tamén na oposición a outros eus colectivos que vibran asemade respondendo a outras cores, e que nesa oposición atopan uns e outros, opostos e imprescindibles entre si, un lugar no mundo que nos construímos para vivir: o mundo do imaxinario colectivo, no que facemos raíces e co que nos gusta medirnos e sentírmonos dotados de sentido. De aí que a maior obxectivación do éxito futbolístico, o gol, apareza como algo minúsculo se o comparamos coas bágoas do Dez nun banquiño, e que estas bágoas caendo xunto coas dos millares de siareiros que nese momento están presentes na escea conformen unha maxia ritual dificilmente explicable e entendible para un lego na materia. Opio do pobo para uns, Máxima expresión da colectividade para outros. E que este sentir, que non sempre se fai presente, sexa vivido coma se dunha vitoria se tratase.

Hai outra pata do banco da que, para ser xustos non deberíamos deixar de falar. A das inxentes cantidades de diñeiro que move o fútbol contemporáneo, a das fichaxes estrelas e as fichas desorbitadas, a das retransmisións televisivas ás que os horarios se someten?Pero diso falaremos outro día, para non estragarmos a poesía do antes escrito.

Compartir el artículo

stats