Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Definindo a identidade

Con poesía e con rebeldía

Definindo a identidade

Diana Varela Puñal vén de entregarnos Diario sen datas dunha aborixe galega, unha manda de ensaios moi breves, que semellan artigos de opinión extensos. Non se trata dun diario íntimo, senón dun monllo de textos fragmentarios nos que a autora vai analizando os asuntos da realidade que máis lle interesan. Apoiada nas súas experiencias e lecturas, cunha elocución argumentativo-expositiva, reflexiona sobre o concepto da identidade desde unha perspectiva ontolóxica e defendendo o dereito á heterodoxia fronte aos individuos clonados.

Defende a dignidade ética en cuestións tan variadas como a violencia, a atención aos maiores, a desigualdade ou a deturpación da paisaxe, asuntos moi próximos e aos que ela se achega cun código deontolóxico claro. Este sentido da dignidade acada o nivel máis sublime na poesía. Seguindo a Doris Lessing, reivindica a importancia da Historia e da Literatura para ser cidadáns honestos. No título, con ecos de Manuel Antonio, hai xa unha reivindicación da poesía e da rebeldía. E esa actitude mantense cando fala da comida, defende a un empresario republicano como Ángel Senra ou critica, por mor da lingua, os compañeiros avogados. Diana Varela é implacable cos servidores públicos espúreos, sobre todo cos que se benefician da política; disecciona sen piedade biografías asociadas á esquerda caviar -Picasso, Neruda, Charles Chaplin?-, os abusos a menores e a desaparición en institucións públicas de nenos fillos de nais solteiras? En fin, un libro con frescura, moi pegado á actualidade.

VARELA PUÑAL, Diana, Diario sen datas dunha aborixe galega, Ed. Laiovento, Santiago, 2019, PVP. 15 ?

Compartir el artículo

stats