Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Fragmentar para entender

Con voz irreverente

Fragmentar para entender

Estréase a escrita fragmentaria de Ana Fontela con Números vermellos, textos que desoncertan pola súa heteroxeneidade (hai tentativas de poemas, algúns monólogos, unhas poucas reflexións perdidas, relatos breves e mesmo versos soltos), pola súa variedade e pola súa brevidade. A autora xoga a romper as nosas expectativas mantendo escasos fíos condutores e botando man dunha ironía aceda que non sempre nos alcanza. Quizais os que máis se perciben son a súa intención de deixar pegada dunha xeración marcada pola inestabilidade no laboral, pese á súa preparación, e a súa capacidade para dar conta da mutabilidade das relacións, dunhas relacións erixidas a partir da liquidez e do peso da tecnoloxía. Hai tamén unha tentativa de deixar constancia da cultura popular, tanto da herdada como da propia: o inspector Gadget, os Uber, Marisol, Pantoja, diferentes marcas comerciais, que serven para retratar unha sociedade en permanente (re)construción, na que o tempo, o amor, a comida e as contradicións son os elementos que Fontenla prioriza, coma se dunha colaxe se tratase.

Estes textos teñen un aquel performativo que quizais resultaría suxerente nun escenario, mais que no papel resultan insuficientes, pois non achegan ao lectorado máis linguaxes nas que sosterse. Asemade, esa fragmentación, esa escrita entrecortada, por momentos tamén repetitiva, peca aínda de naif e precisa dunha maior profundidade para poder manterse por si soa. Quen le semella agardar algo máis, algo que fique e que non quede na tona do xogo de palabras que se practica, insistentemente, ao longo do volume. Terémolo que comprobar en vindeiras entregas. De momento, estes Números vermellos son para quen busque algún texto simpático, algún outro reflexivo, e a procura dunha voz irreverente que parece primar máis o inmediato que esa vontade de ficar que que manifestan moitas escritoras e escritores.

FONTENLA, Ana, Números vermellos, Ed. Galaxia, Vigo, 2019, PVP. 14 ?

Compartir el artículo

stats