Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Canalizar as tensións

A diversidade positiva

Canalizar as tensións

Oito meses son abondos para retratar a pantanosa adolescencia dun mozo inglés que debe combinar a súa vida cotiá con esoutra que ha de levar logo de ser condenado a realizar traballos para a comunidade impostos polo Servizo de Liberdade Vixiada de West Meon tras un desafortuado incidente coa señora Frensham.

Así, en forma de diario, Ben Fletcher leva a cabo un rexistro permanente das súas experiencias vitais co que efectúa unha sorte de liberación catártica que o axuda a canalizar as tensións da vida diaria, chámense relacións familiares, estudos, amizades, namoramentos ou gustos que ata agora non agromaran e que dun tempo a esta parte padece dunha forma moi notoria.

Aínda que el non o saiba, Ben é un rapaz extraordinario que ten talento, pero que, dadas as circunstancias que o rodean, tende a esconder os seus sentimentos e afeccións, como fai coa actividade do club de calceta na que se inscribiu levado polo instinto e da que quedou prendado nada máis comezar.

E como non hai mal que por ben non veña, o protagonista de Os rapaces non calcetan, logo de asumir o seu papel rehabilitador e de poñer en práctica sesións de 'Dar algo a cambio' coa persoa á que molestou, convértese, non sen algún que outro atranc,o nun heroe ao que todos aclamarán amosando que a diversidade é positiva para a sociedade, que romper estereotipos tradicionais é moi saudable e que un debe afrontar con dignidade as situacións adversas, porque todo supón unha aprendizaxe para a vida e é rendible para a formación individual.

EASTON, T.S., Os rapaces non calcetan (trad. Moisés Barcia), Sushi Books, Cangas, 2019, PVP. 17 ?

Compartir el artículo

stats