Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Desenfadada e divertida

De quokkas e wombats

Desenfadada e divertida

Os quokkas e mais os wombats son animais da familia dos marsupiais que poderemos coñecer logo de ler unha das últimas entregas que María Solar realiza ao sistema literario galego e que vén engrosar a listaxe de títulos nos que os animais son protagonistas e nos que se coan planos do mundo audiovisual do que a escritora é boa coñecedora, sendo quizais este aspecto da representación plástica o que está ben presente na concepción do libro.

Os lectores mozos coñecerán dende o comezo o carácter destes pequenos animais que habitan en Australia e que sempre sorrín. Pero como non todo vai ser compracencia irrompe na escena Quokka Moka, para alterar o descanso dos seus familiares, amolar ás lontras na fervenza ou tapar as galerías subterráneas das toupas e deixalas sen osíxeno. Situación que vai mudar porque a avoa, farta das trasnadas da súa neta, decide darlle un escarmento recreando un Antiuniverso no que a herba é de cor anil, o ceo é verde, os camelos levan a xiba na barriga, os tiburóns teñen patas, a auga do río é rosa e das árbores caen froitos iguais a berberechos.

Nada é coma no seu mundo e ademais a nosa protagonista ha de ter que reflexionar sobre os seus actos e recompoñer o desaguisado que causou á súa especie.

Todo isto é o que nos conta a compostelá nun ton divertido e cómico que casa perfectamente co carácter riseiro destes pequenos herbívoros e que fará, sen dúbida, gozar os lectores da historia ben interpretada polas ilustracións de Víctor Rivas que busca no detalle a complicidade co texto

SOLAR, María, Quokka Moka (Ilstr. Víctor Rivas), Ed. Xerais, Vigo, 2019, PVP. 11, 87 ?

Compartir el artículo

stats