Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Aventura e percorrido interior

Nunha sociedade distópica

Aventura e percorrido interior

A tinta e as estrelas convértense para Isabel en dous elementos fundamentais na súa vida e veñen ser claves metafóricas da historia que presenta en forma de aventura e de percorrido interior.

A tinta como fluído, que contén pigmentos e colorantes, permite crear imaxes e deixar pegada. As estrelas como esferas de gas luminosas teñen a capacidade de orientar. Velaí as metáforas do desenvolvemento persoal e da ilusión.

Moisés Barcia traduce para o galego a novela da inglesa Kiran Millwood Hargrave, merecente do premio Waterstones Children´s Prize e o Britihs Book of the year de literatura xuvenil que baixo o título A rapaza de tinta e estrelas ofrece unha narración na que guiados por unha moza, cuxa amiga acaba de desaparecer, imos descubrindo como é a vida na illa de Joya, sobre todo tras a chegada do gobernador, momento no que a illa deixa de ser flotante e se converte nun lugar inhóspito e abafante no que hai Territorios Esquecidos, Expulsados, ríos secos, bosques mortos e seres demoníacos que adoitan forma de can ou de lobo xigantes para acabar con calquera atisbo de vida humana.

Nunha sociedade distópica na que se plantexa un mundo onde as contradicións son levadas ás súas consecuencias máis extremas,non cabe máis que a afouteza daqueles que se negan a asumir os ditados dun tirano para liberar a poboación do xugo da opresión.

Unha vez máis crear mundos imaxinarios postos ao servizo da ciencia ficción serve para amosar a importancia que adquiren certos valores que teñen que ver coa liberdade ou co sentido da xustiza.

MILLWOOD HARGRAVE, Kiran, A rapaza de tinta e estrelas, Ed. Sushi Books, Cangas, 2019, PVP.16 ?

Compartir el artículo

stats