Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Acertadas heroínas

Sempre nos clásicos

Acertadas heroínas

Na coleccion "Vétera" Rinoceronte publica Cartas das Heroínas, clásico latino de Publio Ovidio Nasón. Temos sinalado xa moitas veces o acertado da publicación destas obras, para que os lectores poidan acceder directamente a elas desde o galego. Neste caso, con dobre satisfacción, pois ao bo traballo de tradución (directamente do latín) de María Margarita Fernández Gómez únese o igualmente bo traballo de edición, desde unha concisa pero certeira e suficiente introdución (sobre o autor, a obra, tópicos literarios, precedentes e repercusións posteriores), ata unha sipnose introdutoria do contido de cada epístola e máis de catrocentas notas a pé de páxina para aclarárnolo todo, amén da bibliografía. O resultado é unha edición excelente e acertada digna de botarlle unha ollada, e máis agora que, parece, queremos salientar as heroínas (que son, ademais destas, as máis das mulleres).

A obra, coñecida tamén como Heroidas, componse de 21 cartas de amor, en verso, escritas por personaxes femininos da mitoloxía e a literatura e dirixidas aos seus amados, escrita por Ovidio antes do seu desterro polo emperador Augusto, e nelas a ausencia, o esquecemento, o abandono, a perda, a distancia? son os puntos de partida para os seus lamentos. Con elas creou o autor un novo xénero literario, a elexía epistolar. As catorce primeiras diríxenas mulleres a homes, e as seis seguintes inclúen a carta do home e a resposta da muller. Coa súa amena lectura gozaremos dun amplo abano de escenarios: abandonos, paixóns desenfreadas, medos, traizóns.

OVIDIO, Cartas das Heroínas, Ed. Rinoceronte, Cangas, 2019, PVP. 18, 05 ?

Compartir el artículo

stats