Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Contra os fanatismos

Entendermos un drama

Contra os fanatismos

Cerráronseme os ollos (2016, traducido por Fernando Moreiras e publicado na Faktoría K da editorial Kalandraka en 2018) é unha novela curta de Patrick Bard, fotoxornalista e escritor francés que perdeu un bo amigo no atentado islámico contra a revista Charlie Hebdo (2015). Tamén unha súa amiga moi próxima perdeu un fillo en Siria, onde, radicalizado, foi loitar co Daesh. Desas experiencias terribles xorde esta novela, que trata de expoñer e penetrar moitos dos factores que poden rodear e nos que se poden desenvolver persoas, ideoloxías, fanatismos e barbaridades. Conta ademais cun profesor narrador que coñece moi ben o alumnado so con velo, e que é unha delicia. Xenial nese sentido o capítulo Frédéric da Silva.

Maëlle, a protagonista, é unha adolescente que leva unha vida normal, ata que se une ao Daesh, despois de ir deixando a súa vida social e mergullándose nas redes interesándose polo conflito do Oriente Próximo, cambiando radicalmente de hábitos e de vida, convencida de que a súa misión na vida é facer a yihad. En só tres meses é radicalizada e captada, converténdose en Ayat, loitadora ao servizo do Estado Islámico. Despois de moitas atrocidades, que cómpre ler para intentar entender este problema, o autor é partidario de ofrecernos a cara amable do retorno, da entrada en razón e abrir de novo os ollos, a esperanza da recuperación destes mozos e mozas (no caso delas todo é moitísimo máis doloroso e infame).

Un drama, xa que logo, ao que non debemos ser alleos, e para o que esta interesante novela nos servirá sen dúbida

BARD. Patricia, Cerráronselle os ollos, Ed. Faktoría K, Pontevedra, Pontevedra, 2019, PVP. 13 ?

Compartir el artículo

stats