Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Pesca e marisqueo

Do sector primario, en particular a pesca, non queda case nada nos Praceres. A industrialización da ría enguliu boa parte das praias que se abriron ao Leste e Oeste da nosa península. Tan só topónimos como O Cuncheiro ou A Posta son proba inmaterial da explotación tradicional do medio mariño. O primeiro deles, outrora incluído no Areal, é un chamadeiro transparente que foi retratado por Zagala arredor de 1900.

Para desentrañar o segundo temos que recorrer ao dicionario de Carré Alvarellos (1951) que recoñece a acepción de posta como "1.- Puesto, sitio o paraje en el mar, señalado previamente para echar la red los barcos pesqueros; 2.- Acto de llegar a tomar posesión un barco del sitio para tender la entallada". Precisamente a entallada (do verbo "tallar", sinónimo de "cortar") é unha técnica de pesca que Cuveiro Piñol (1876) describira setenta e cinco anos antes como o "conjunto de redes con que se ataja la entrada de alguna cala ó recodo al verificarse la pleamar para coger los peces, que de este modo quedan en seco al descenso de la marea".

Felizmente aínda hoxe podemos ver como os pescadores da ría de Pontevedra tendían a entallada en imaxes inmortais tomadas por Joaquín Pintos e pola Hispanic Society of America.

Compartir el artículo

stats