Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ramón Campos: "Temos a ilusión de conquistar o mercado americano desde o noso país"

O produtor e guionista Ramón Campos. foto cedida por antonio terrón

- Hoxe a marca Bambú Producións xa é coñecida en toda en España, pero gustaríame que nos falara dos inicios da produtora, en Poio, que supoño que non serían nada doados.

-Pois dos inicios, o que máis lembramos son os momentos ilusionantes. A primeira serie que fixemos, como ben é sabido, foi un fracaso de audiencia, polo que descubrimos axiña que ninguén nos ía regalar nada. O máis complicado foi ter a financiación necesaria para iniciar as series, xa que aínda que teñas un contrato cunha cadea, precisas de alguén que te avale ante os bancos e se non chega a ser pola xenerosidade da entidade Audiovisual SGR, que confiou en nós, nunca poderiamos ter existido como Bambú.

- Existe un "estilo Bambú" de facer series de tv? Cales serían os sinais de identidade dese modo e, polo tanto, da propia produtora?

-Para nós, o máis importante é que a historia chegue ao público, que a fotografía estea coidada, que os directores sexan directores e non realizadores e, por último, e quizais o máis importante, que nos sintamos orgullosos de asinar cada unha das series que facemos.

- A partir de cal serie ou series podemos dicir que Bambú deu un "gran salto"?

-Con cada unha das series sentimos que demos un salto. Gran Reserva foi a nosa confirmación no panorama nacional, Gran Hotel foi a nosa porta a Europa, Velvet foi a porta ao mundo? Todas as series xuntas, incluso as que non funcionan, axudan a conformar o gran salto.

- Que unha produtora galega sexa a "raiña" das series en España e que incluso coloque os seus productos en plataformas como Neftlix é realmente magnífico á par que, para algúns, asombroso. Cal é a fórmula máxica para conxugar calidade, comercialidade e mais esa engadida internacionalidade?

-Non deixar de pensar nunca no público ao que te dirixes. Iso é o mais importante. Se esqueces que as series que fas, son para a xente e empezas a crear mirando para o teu ombrigo, de certo que tes os días contados neste negocio.

- Á marxe da calidade, existen outras claves (ou segredos) para conquistar as audiencias? Refírome a aspectos coma os temas abordados, a actualidade dos mesmos, un bo horario de emisión?

-Nós sempre dicimos que facer as series é un deporte e as audiencias son outro distinto. Ter un bo dato sobrepasa á calidade da serie. É importante a canle, a hora, o día, a competencia? Temos un grande exemplo en Netflix agora mesmo: La Casa de Papel foi unha serie que pasou sen facer demasiado ruído por Antena 3 e agora mesmo é un fenómeno internacional.

- A serie de moda en España é Fariña . Gustaríame que nos contase como naceu ese proxecto e cales son as claves do seu éxito de audiencia.

-Sempre quixemos facer unha serie sobre o narcotráfico en Galicia; incluso moito antes de que saíse Narcos. Ten en conta que o meu primeiro guión foi Entre Bateas. A cuestión é que durante moito tempo as cadeas non crían nas series con personaxes escuros como protagonistas. Cando atopamos o libro de Nacho Carretero, decatámonos inmediatamente de que tiñamos algo moi bo entre mans, porque estaba documentado e a cadea podía albiscar xa polas súas vendas, que era un tema que interesaba ao público. Aínda así foi un acto de valentía por parte de Antena 3 porque, cando decidiron dar luz verde á serie, ninguén podía nin imaxinar o que ía acontecer.

- De non ser secuestrado o libro, con todo o escándalo que iso conlevou, coida Vde. que Fariña tería o éxito de audiencia que está a ter?

-Seguramente non. Como comentaba antes, hai unha serie de factores que, todos unidos, fan que unha serie sexa un éxito ou un fracaso. A detención de Sito Miñanco e o secuestro de Fariña sen dúbida alentaron o público a ver a serie? A mágoa é que tivera que pasar o do libro para que isto sucedese.

- En que se diferencia a relación que manteñen con Antena 3 ou TVE desoutra cun coloso como Neftlix?

-A verdade é que non hai grandes diferencias. Ao final somos un grupo de persoas que, xuntas, traballamos para sacar adiante un proxecto no que cremos. Con Sonia Martínez, Carlos Fernández ou Javier Bardají, de Antena 3, levamos moitísimo tempo traballando, polo que hai moitas cousas que non fai falta que se digan, porque todos as comprendemos. Con Netflix estamos felices e traballamos moi a gusto co seu equipo: Erik, Diego, Paco? Cada vez súmase mais xente hispanofalante e iso fai moito máis doada a comunicación.

- Os públicos que ven series de televisión no mundo enteiro son, ao cabo, todos iguais nos seus gustos ou, para conquistalos, cómpre coñecer as súas particularidades?

-Nós producimos pensando nun público concreto. Podes facer series para público feminino, masculino, xuvenil? con diferentes franxas de idade? e logo pensar en certas particularidades de determinados lugares, pero o certo é que ao final tes que decidir ir a por un primeiro país e, no noso, caso sempre é España.

- Xa deron o salto de Galicia a Madrid. Se os acontecementos o propician e/ou esixen, haberá tamén unha sede de Bambú Producións en Hollywood?

-Non o creo. O mercado norteamericano é moi complicado, e unha produtora como a nosa alí sería a última da fila. No que si cremos é na conquista do mercado estadounidense dende o noso país.

Compartir el artículo

stats