Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Entroido gastronómico en Porto-Cabeiro

O alumnado elexiu país e prato típico

Unha imaxe do Entroido gastronómico no colexio.

O CEIP Plurilingüe Porto-Cabeiro de Redondela celebrou a festa de Entroido. O proxecto da escola deste ano leva por título "O sabor da escola" e esa é a razón pola que celebraron unha festa moi especial.

En xaneiro comezaron as tarefas para lograr un verdadeiro Entroido gastronómico. O alumnado, ademais de elaborar os traxes típicos do país escollido, debía preparar pratos típicos dos destinos correspondentes.

Os grupos de alumnos e alumnas foi heteroxéneo, é dicir, en cada grupo había alumnado de todas as idades. Este xeito de traballar favorece a cooperación, integración e interacción entre o alumnadoco centro escolar redondelán con diferentes competencias académicas, producindo así, unha relación máis intensa e de mellor calidade.

O pabillón da escola converteuse nunha verdadeira festa gastronómica durante toda unha xornada. Había moitos postos de países como Brasil, Marrocos, Francia, Grecia, China... unha morea deles. En cada un os nenos e nenas convidában a probar pratos típicos e a levar a receita para facer na casa.

Foi toda unha experiencia xa que toda a comunidade educativa participou para facer posible este proxecto.

Compartir el artículo

stats