Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Día da Lectura en Amor de Dios

O colexio vigués adica a xornada á importancia da prensa cunha exposición de xornais, relatos de contacontos e poesía

Unha imaxe do Día da Lectura no colexio Amor de Dios.

O colexio Amor de Dios de Vigo celebrou a súa cita anual coa lectura. Ademáis dos obxectivos que case repete cada ano polo que teñen de xeral, nesta edición decidiuse facer fincapé na importancia da prensa, convencidos das posibilidades que ofrece tanto a nivel de información como de formación. Por iso, unha exposición de xornais de todo o mundo engalanaba os corredores do terceiro andar e nel os rapaces e rapazas puideron ver a riqueza que supón abrir as fronteiras para entender o seu mundo.

O poeta Carlos Negro, dende o acto de inauguración deste Día da Lectura e logo nas posteriores charlas, emocionou aos escolares coas súas palabras, facéndolles ver que a poesía é unha ferramenta para o mundo, que é intuitiva e a intuición é cultura, que é quen de poñerlle palabras aos sentimentos, que é un espello onde nos podemos ver, que é falar co corazón na man.

Entre a decena de participantes estiveron a contacontos Olga Cuervo; os animadores Jesús Domínguez Dono e Benjamín Míguez; os especialistas de inglés Daniel Nicolás, María del Carmen Souto e Jordan Kilgour; os ilustradores Adrian Morgade e Marisa Irimia e o xornalista Adrian Pérez Conde encheron as horas de palabras e coñecemento e fixeron da xornada unha das mellores leccións que os rapaces e rapazas han de lembrar.

Compartir el artículo

stats