Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Premio Suso Jares á Asesoría de Bibliotecas Escolares

l l

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, recolleu o premio Suso Jares de Programas e Experiencias de Convivencia Escolar e Cultura de Paz, outorgado por Nova Escola Galega e a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca (FOANPAS) á Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería. O acto celebrouse na Escola Infantil Municipal Santa Cristina de Vigo.

O xurado otorgoullo á Asesoría de Bibliotecas Escolares por desenvolver "dende hai quince anos un programa cada curso máis diverso de innovación didáctica, tinguido cos valores do ensino cooperativo e da educación para a paz, que os promotores dos Recoñecementos Suso Jares consideramos deben ser abeizoados e visibilizados por toda a comunidade educativa". Tamén destacou o labor desenvolvido a través do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) para dotar o alumnado das competencias claves relacionadas coas alfabetizacións múltiples e para reforzar a presenza e acción das bibliotecas nos centros educativos. Así mesmo, salientouse o avance na dinamización da biblioteca escolar concibida como centro de recursos e espazo de contacto coa información dentro das escolas.

Compartir el artículo

stats