Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Oito centros galegos, no intercambio de boas prácticas

l l

A Consellería de Educación acaba de seleccionar os oito centros escolares galegos que participarán nun intercambio de boas prácticas educativas con centros de fóra a través do programa de innovación educativa Observa_Acción: Innovación docente dende a observación e o intercambio entre iguais.

Na provincia de Pontevedra inclúense na iniciativa o IES de Meaño e o CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán (Cangas), ambos na modalidade B; e o IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) na modalidade C. Na provincia da Coruña, os centros son o IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago) na modalidade A; e os CPI O Cruce (Cerceda) e CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés (Oroso) na modalidade C. Na provincia de Lugo resultaron seleccionados o CEIP Santa Rita (Viveiro) na modalidade A; e o CEIP de Cervo na modalidade C.

De cada un dos centros seleccionados participarán neste programa de innovación cinco persoas do claustro, incluído un membro do equipo directivo. A iniciativa -que involucra 40 docentes- ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

A modalidade A, vai dirixida aos centros que xa participaron en Observa_Acción no curso 2017/18, e consiste nunha visita de observación a centros de referencia no espazo internacional europeo; mentres que a modalidade B se basea o intercambio de observación interautonómico cun centro de cada unha das comunidades participantes, nomeadamente Asturias, Castela e León e A Rioxa. No caso da modalidade C, o intercambio producirase só cun centro de Castela e León.

Compartir el artículo

stats