Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Descubrindo a robótica

Escolares de 5 anos do colexio Divino Salvador de Coruxo participan nunha actividade de novas tecnoloxías

Os escolares comproban como traballan algúns dos robots de Ledisson.

Os alumnos e alumnas de 5 anos do colexio Divino Salvador viviron unha experiencia moi didáctica e divertida para descobrir a robótica A empresa Ledisson estivo no colexio para facer unha actividade de novas tecnoloxías cos rapaces de 5 anos.

Antes de comezar fixémoslle unhas preguntas a unha das súas compoñentes:

- ¿Por que decidistes dedicarvos á robótica?

- Para mellorar o día a día da xente.

- En que traballa esta empresa?

- A empresa traballa en robótica, é dicir, en automatización e na programación de robots.

- Canto tempo levas na empresa?

- Seis meses. Agora hai 60 persoas.

- Cando se fundou a empresa?

- O fundador foi Rubén Cuerdo, que vive en Finlandia, alá polo ano 2012. Agora a empresa traballa para diferentes ámbitos como a automoción, sanidade, etc.

Na actividade cos pequenos había diferentes robots, cada un coa súa función: IIWA serve para facer operacións; o robot AIBOT axuda ás persoas maiores e tamén a outros robots. Tamén había unha impresora 3D que imprimía calquera cousa en tres dimensións dándolle un boceto do obxecto.

Unha cousa que nos chamou a atención foi un robot que clasificaba Lacasitos. Todo xurdiu cun mozo que tiña unha noiva á que só lle gustaban os de cor vermella e el fabricoulle un clasificador de Lacasitos.

Os alumnos e alumnas de 5 anos interactuaron con estas máquinas e viron o seu funcionamento. Quedaron moi impresionados. Fixeron uns debuxos cun dos robots que se chamaba Madison, e polo seu esforzo e atención recibiron un diploma. Todos quedaron encantados.

*Alumnos de 5º de Primaria

Compartir el artículo

stats