Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Outono a través dos sentidos

Actividades de los escolares de Infantil del colegio Vigo

Os escolares do Colegio Vigo durante as súas experiencias outonales. FdV

Concienciados da importancia dunha aprendizaxe de maneira activa e lúdica, os mestres do Colegio Vigo, xunto co alumnado de Educación Infantil, levaron a cabo unha serie de experiencias co fin de vivenciar o outono. Colleitaron, seleccionaron, espremeron e pisaron uvas nun obradoiro arredor da vendima; debuxaron mazorcas de millo e fixeron o seu propio pan de millo; estamparon e animaron follas; crearon con froitos do outono€ Pero, sen dúbida, unha das experiencia máis interesantes foi a visita ao Parque dos Sentidos, na que ademais de poder observar de maneira directa os cambios que se producen na contorna, os nenos e nenas puideron acompañar o piar do paxaros e o son do ar facendo as súas propias melodías cos xilófonos, tambores e outros instrumentos que alí foron atopando.

Compartir el artículo

stats