Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Formación en valores dos docentes galegos

A acreditación da función directiva será obrigatoria o próximo curso

l l

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou na Xornada de Coordinación da Rede de Formación Permanente do Profesorado, onde salientou que para avanzar nunha educación de excelencia, ademais dos coñecementos e habilidades, hai que traballar nas emocións e nos valores. "O verdadeiro valor diferencial co que temos que contar é o talento", subliñou a conselleira ante os membros da Rede, conformada polos especialistas en formación do profesorado dos servizos centrais da Consellería, os do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e os dos Centros de Formación e Recursos (CFR) da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Carmen Pomar agradeceu o desempeño profesional e o compromiso dos asesores docentes por formarse co fin de adaptarse ás novas demandas dunha sociedade tecnolóxica e globalizada. "Todo o que se faga por mellorar a formación dos docentes repercute de xeito directo no alumnado e, en consecuencia, convértese nun beneficio para o conxunto da sociedade", explicou.

Novidades formativas

Explicou que unha das novidades formativas para este ano é a posta en marcha, de xeito inminente, da formación necesaria para obter a acreditación para a función directiva, que será obrigatoria a partir do curso 2019/20 para quen opten a asumir a dirección dun centro.

A Rede de Formación Permanente do Profesorado é a responsable de implantar as accións que conforman o Plan Anual de Formación do Profesorado. No curso 2017/18 realizáronse ao abeiro do mesmo un total de 3.100 actividades formativas.

Compartir el artículo

stats