Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A aventura de Abertal

O Centro Xuvenil abre o seu curso con actividades no monte Aloia

Almorzo dos participantes na xuntanza.

O Albergue do Cabildo da Catedral de Tui no Monte Aloia foi escenario durante tres días da asemblea de comezo de curso do Centro Xuvenil Abertal.

Máis dunha vintena de animadores e animadoras xuntáronse para botar a andar a aventura deste curso.

Os participantes achegáronse ao Monte Aloia e logo de instalarse no albergue puideron disfrutar dunha cea compartida acompañada dunha xeitosa sobremesa que rematou cunha observación das estrelas no mirador da ´cama do santo´.

Na mañá seguinte, despois do almorzo, comenzaron a xornada de traballo coa incorporación dalgúns animadores e animadoras que non puideran facelo na noite previa.

Estudo polo miúdo da Memoria de 2017 e unha avaliación das actividades do verán deron paso a un descanso, despois do cal tivo lugar un primeiro tempo de programación por movementos.

O xantar que precedeu a unha longa sobremesa e á realización dunha ruta na que tamén se aproveitou para o estudo e achegas doutros temas: 40 aniversario da asociación xuvenil , 25 anos da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, Calendario Anual 2018-2019...

Despois do descanso tempo de preparar e desenvolver a celebración da eucaristía, sinxela, sentida e comprometida.

As brasas que xa se empezaran a preparar antes da celebración tornárosne o centro da seguinte parte da tardiña: unha churrascada preparada con moita maña.

Contos, xogos, paseos,... ata a hora de descansar.

Na mañá do domingo, despois do almorzo, acompañados polos Irmáns Lisardo e Nacho, e Koté, os tres da institución marista, animaron o tempo formativo sobre ´o acompañamento: necesidade e método´ ao longo de toda a mañá. "Agradecidos polo compartido e o inspirado, despedimos aos formadores, recollemos e limpamos as instalacións empregadas e regresamos a Vigo para comezar con pulo o novo curso", sinalan desde Abertal.

Compartir el artículo

stats