Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O Parlamento, a nova aula

Tres mil escolares participaron nas visitas ás institucións

Un total de 3.000 alumnos e alumnas, matriculados en oienta e oito centros públicos galegos visitaron o Parlamento e a Xunta no marco do programa "Coñece as túas institucións", posto en marcha a mediados de marzo deste ano. A elevada participación rexistrada durante estes tres meses revela a excepcional acollida desta proposta entre a comunidade educativa á que vai dirixida. "Coñece as túas institucións" foi impulsado polo Parlamento e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para divulgar o papel das institucións autonómicas, explicar a separación de poderes e impulsar os valores democráticos. Está dirixido a escolares de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros públicos da Comunidade Autónoma. Os custes do desprazamento son asumidos polas institucións promotoras.

Compartir el artículo

stats