Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un instituto aberto á comunidade escolar

ExpoTuronio exhibíu toda a actividade educativa do centro

Imaxe das actividades educativas.

Foi a primeira vez que o IES Terra de Turonio de Gondomar abriu as súas entrañas á comunidade escolar de pais, alumnado e profesorado.

Unha montaxe de 16 stands expositores e espazos temáticos correspondentes ás áreas de lingua galega, castelán, portugués, francés, inglés, tecnoloxía, bioloxía, orientación, matemáticas, plástica, sociais, física e química e educación física mostraron as principais accións que se desenvolven normalmente.

Baixo títulos como : "Live an autentic adventure", "Demotecno", "Temos lingua propia", "A saúde en Terras de Turonio", "Papando en Turonio", "Os supervermes", "O lixo en Gondomar", "Oritenturonio", "A musicalidade das fraccións", "TransformArte", "A cor dos montes", "Meteoturonio", "Prácticas de laboratorio", "Palabras vivas", "Camiñando entre plantas", "Invasión clorofílica", "Xogando contigo" houbo unha variada proposta de actividades que puideron ser observadas, vividas, participadas ou mesmo degustadas.

Realizouse unha emisión extraordinaria de Radio Turonio en streaming de audio e vídeo, a través do portal Escolas nas ondas ( www.escolasnasondas.com ) que contou con entrevistas ao científico Carlos Spuch, do hospital Álvaro Cunqueiro, á escritora Iria Misa ou ao debuxante Tokio, nunha programación especial que incluiu reportaxes polos diferentes stands.

Exposición

O IES Terra de Turonio, na súa vontade de ser permeable aos transcendentes acontecementos a vaga de incendios que viviron os seus veciños e, particularmente, os membros da súa comunidade educativa, acolleu en ExpoTuronio co título de "A Cor dos Montes", un universo de sensacións vividas nos montes do Concello. Desde a vida dos cabalos ceibes no monte plasmada en murais nas paredes do centro e unha mostra de traballos fotográficos feitos coa presenza de todo o alumnado no que coas mans tinguidas de negro se lanza un berro de "Stop Incendios".

Compartir el artículo

stats