Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

eTwinning no Pombal

O colexio público vigués participa neste programa europeo sobre novas tecnoloxías

Preparando un maio.

O alumando e profesorado do CEIP O Pombal de Vigo participan neste curso no programa Europeo "eTwinning", que fomenta a colaboración escolar en Europa utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e apoia aos centros escolares prestándolles as ferramentas e os servicios necesarios que faciliten a súa asociación para desenvolver un proxecto en común.

O "Spring Festival" é a proposta europea de traballo en común do colexio O Pombal. Toda cidade ou rexión celebra as primeiras flores en primavera. As escolas mostran e comparten as tradicións e a cultura a través de diferentes actividades que inclúen materias curriculares: artes e oficios, literatura, ciencia, música, etc. Descubrir sobre "Os Maios" en Internet e na biblioteca escolar libros, cancións, rimas, arte e artesanías, decorando unha árbore (pedindo axuda ás familias: fiuncho,xestas , flores, ovos, laranxas). Investigando sobre como cada país socio celebra a chegada de Spring, inventando "coplas" (a rima con 3 estrofas cada escola, explicando a forma e tema de cada estrofa), decorando con materiais naturais ou reciclados, decorando unha árbore ...

Compartir el artículo

stats