Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Con-Ciencia-Te con Jorge Mira

O físico e divulgador galego charla cos alumnos do Colexio Javier Sensat

No patio para falar do sistema solar.

Este curso que está a piques de rematar, traballamos no CEIP Plurilingüe Javier Sensat de Vigo sobre a ciencia, baixo o lema "Con-Ciencia-Te". Coñecemos e aprendemos acerca de homes e mulleres científicos relevantes na historia, fixemos experimentos e tamén diversos traballos na aula cos nosos mestres e mestras.

Quixemos culminar este ano de ciencia e recibimos a visita do recoñecido Jorge Mira: físico, investigador, divulgador científico e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Coñecido tamén polo seu actual programa na TVG "Coma un allo". Un home polifacético, que accedeu xentilmente á solicitude para dar unha charla ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria sobre "Os tamaños do Sistema Solar", tema do que ademáis fala no seu último libro "A que altura está o ceo?".

Acharla dividiuse en dúas partes. A primeira, desenvolveuse no salón de actos do centro educativo, ambientado para a ocasión e ante a expectación xerada no alumnado pola súa visita e o tema elexido. Enseguida o recoñeceron cando entrou no patio do colexio, amosando entusiasmo e curiosidade pola súa persoa. Comezou a charla cunha introducción ao tema, comparando entre sí os tamaños dos planetas do noso Sistema Solar, e ó mesmo tempo cos que están máis alá.

Na segunda parte, o patio converteuse nun grande Sistema Solar. O alumnado volveu colaborar activamente na representación do mesmo, sendo planetas ou astronautas que viaxaban en naves espaciais. Deste xeito, se o Sol foi unha pelota de tenis, os distintos Planetas eran: motas de pó, graos de area, a metade dunha canica?, e todos a unha distancia concreta de metros entre si a escala, e proporcional á distancia real entre eles. En ambas partes da charla, o alumnado interviu con preguntas ás que o divulgador científico respondeu de bo grado para clarexar todas as dúbidas, conquistándonos e facéndonos entender a todos os asistentes esta parte da ciencia.

Queremos agradecerlle a Jorge Mira a súa visita ao colexio, a súa accesibilidade e capacidade comunicativa. Como podedes imaxinar, foi unha xornada moi especial e productiva que o alumnado do CEIP Javier Sensat dificilmente esquecerá.

*Membro do Equipo de Biblioteca, que organizou a actividade

Compartir el artículo

stats