Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Una sobreira e unha escultura para Mª Victoria Moreno

Día das Letras no Instituto de Valadares

Demostración de robótica aos alumnos.

No IES Valadares, como cursos anteriores, celebraron o Día das Letras Galegas continuando co paseo cultural que completan cada ano coa prantación dunha nova sobreira e unha escultura dedicada á homenaxeada neste día, Mª Victoria Moreno. Deste xeito continúan co Paseo das Sobreiras, iniciado fai 6 anos, onde a cada árbore acompáñalle unha escultura do escritor premiado, gracias á colaboración da empresa Vicalsa, que é a encargada de elaborala dor forma desinteresada. Pero este curso ampliaron a celebración, e o Día das Letras converteuse na Semana das Letras e das Ciencias, unha semana cultural con obradoiros, saídas, cine, deportes, ciencia, natureza,...E tamén con moitas aportacións de persoas da ciencia e da cultura galegas: Fina Casalderrey, África González, Estíbaliz Espinosa, Elvira Ribeiro, Luis Bará, etc e varias asociacións e ONGs como ACCEM, Entreculturas, Faraxa, Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo, Robotics, Fundación Telefónica...

Organizaron visitas ao Aquarium en O Grove, o Museo do Mar de Vigo, o de Ciencias en A Coruña e ao Roteiro Castelao en Pontevedra.

Todas as actividades foron seguidas con moita atención e interese por parte do alumnado: obradoiro de cómic por Cómic Vigo, obradoiros literarios, exposición da historia das telecomunicacións, taller de enerxías renovables, música electrónica, demostracións de robótica de ocio e industrial, charlas sobre o maio francés, sobre o holocausto, sobre os refuxiados no s.XXI, sobre distintos estudos universitarios, sobre sexualidade e contra os malos tratos,...

Momentos emocionantes foron vividos polo alumnado e o profesorado durante esta semana tan intensa.Destacan as anécdotas personais que contou Fina Casalderrey vividas en primeira persoa con MªVictoria Moreno, a charla de Memoria Histórica que chegou moi dentro de todos ou o momento en que Estíbaliz Espinosa cantou un poema no vestíbulo do instituto como despedida. Tamén as espectaculares demostracións das distintas empresas de robótica que trouxeron aos robots e puxéronnos a funcionar, a prantación de árbores frondosas e autóctonas ao redor do instituto, retomando a proposta de reforestación acordado dende os incendios sufridos na comarca, para que os rapaces participen activamente e tomen conciencia....

Unha semana na que os alumnos e as alumnas aprenden mentres teñan experiencias que noutros momentos non poden ter, que lles axude a ser persoas formadas, críticas, con gusto pola ciencia e a cultura. Cidadáns e cidadás comprometidas coa sociedade que lles tocou vivir.

Compartir el artículo

stats