Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Formación para docentes na atención a alumnos con TDAH

A Consellería de Educación acaba de renovar a colaboración iniciada en 2014 coas fundacións María José Jove e INGADA para a formación do profesorado na atención ao alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). O conselleiro Román Rodríguez; a presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove, e o presidente da Fundación INGADA, Ángel Carracedo, asinaron a addenda para levar a cabo a quinta edición deste programa formativo para o vindeiro curso 2018/19, e que estará dispoñible para un máximo de 350 docentes de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional. A finalidade desta iniciativa é aportar aos profesores o coñecemento necesario sobre o TDAH para que poidan abordalo nas aulas da mellor maneira posible, facilitando o desenvolvemento dos alumnos e a súa integración. Ao abeiro da mesma lévanse formado máis de 700 docentes no conxunto das catro edicións do programa que se realiza a través da Rede de Formación do Profesorado da Consellería. Precisamente como novidade este ano, ademais do incremento de prazas ofertadas (que se elevan a 350 con respecto ás 200 da pasada edición), achégase esta formación a todo o ámbito autonómico, xa que se garante a oferta dos cursos nos sete centros de formación do profesorado da Consellería nas catro provincias (os CFR da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo; e no CAFI de Santiago), ademais de na sede da Fundación María José Jove. Así mesmo, mantense a posibilidade de formación en liña a través dunha oferta a distancia que se implantou por primeira vez no curso 2016/17, con acceso a contidos e recursos.

Compartir el artículo

stats