Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Semana do libro con Astérix e Obélix

O Colegio Vigo traballa cos personaxes de Goscinny e Uderzo

Escolares do Colegio Vigo durante as súas explicacións sobre os personaxes creados por Goscinny e Uderzo.

Este curso o Colegio Vigo celebrou un ano máis a conmemoración da semana do libro. Desde infantil ata bacharelato o alumnado viviu uns días de intensa investigación e inmersión nos libros de Astérix e Obélix escollidos para a ocasión; pois lembraron que fai 50 anos, ao igual que o aniversario do Colegio Vigo, as historietas de René Goscinny e Albert Uderzo gozaban de gran éxito en Europa.

Nas asignaturas de tecnoloxía o alumnado elaborou unhas preciosas figuras dos protagonistas, Astérix, Obélix e o seu can Ideafix, que serviron como decoración no escenario. Cada curso no salón de actos explicou as características dos personaxes máis representativas da serie e asistiron á recreación dalgunha das máis famosas e divertidas aventuras, como por exemplo, "Os Xogos Olímpicos" ou "Astérix e as doce probas".

Xa por último, parte do alumnado da ESO e Bacharelato levou a cabo unha exposición moi interesante sobre rasgos comúns entre as terras galas e Galicia. O acto rematou cunha sesión de fotos dos alumnos e alumnas cos protagonistas do cómic e o visionado da película animada, "Astérix en Bretaña" (1987).

Compartir el artículo

stats